¿Qué mejor forma que dar por finalizados estos ensayos sobre Carmiña Burana y Kaänder Fåder que acabando por el principio?
He aquí el primer apunte que escribí sobre Carmiña Burana, como el que dice echar a volar un poco la pluma a ver lo que salía. Y salió esto. La mayor curiosidad es que podríamos considerarlo poco compatible con lo que luego fue la obra terminada, y sobre todo que es en el único sitio donde vemos a Xan (Iohannas) con un comportamiento propiamente goliárdico, ya que en la novela viene a ser una especie de protagonista pasivo del que el resto de los personajes habla, y al que sólo vemos actuar bajo una máscara.
Aquí lo tenéis a continuación en su versión original, y justo debajo la versión en español.
Y por fin, el apunte de ensayo que escribí para Kaänder Fåder. No, no el que se supone que voy a escribir, sino el que ya está escrito, el que escribí hace diez años poco después de dar por terminada Carmiña Burana. Como se puede ver es apenas una escena, un apunte de cómo se podría enfocar la novela, con intervenciones del Hoc Liëber, y sin olvidar que todo acontece en el espacio mitológico o mitopoético que es la obra en sí, la narración de Ibn’ Sadur, un reflejo literario y mejorado de la realidad. Se ofrece la versión en gallego y la traducción al español.
* E entón levantei a vista e vino, a el, Laon, a quen ía matar, se non era nese momento despois, se non hoxe amañá, se agora pois agora, pois sen dúbida el quería matarme a min, que ía matalo a el, sentado no asento do helicóptero chulo como el só, un pé no piso e outro no asento, un pulso no xeonllo, admirándose das súas longas pernas, da imaxe de calquer que puidese velo así louro e resplandecente, un anxo da morte, o asasino máximo, no cumio do poder na banda, respeitado por todos e ás ordes directas do noso grande xefe.
—En que pensas, Sævin?
Foi entón cando levantei a vista e vino, e vin as súas feridas, vino morto aos meus pés víctima da miña carraxe, da miña furia irrefreábel, arrolado polo arrousar da roda que xira e fala, móstramo nas penumbras deste cubículo no que non ouvimos nada, desde onde non nos poden ouvir agora que imos camiño da morte, dos outros, del que sorrí, a min que levantei a vista para miralo, os meus cóbados sobre os xeonllos, e vino con a miña visión de goliardo, a que dá o libro que no seu xiro non deixa de arrousar igual que xiran as hélices que nos achegan á morte.
—Meditatio mortis.
—Te cres moi listo ou que? —Non teño por que responder, non paga a pena falar cos mortos que non han volver igual que a roda pasa arrousando polo lugar que pasou, non ten sentido dicerlle que eu sou o que ouve o arrousar da roda—. Comigo non te andes con coñas, rapaz. Veña, que xa estamos chegando. Ti non te separes de min, e aprende do mestre.
O que non me mata faime máis forte, e o que me mata… tamén. Sorrío e sei que el non é capaz de ver o meu sorriso porque a escuridade llo impide, apenas pode ver a luz que se acende para avisarnos de que debemos encetar a nosa labor, de que Laon debe morrer, el que non se estremece cando se abren as portas e nos asomamos á noite escura, baixa a velocidade do vehículo e xa non é tan penoso respirar, activamos os nosos cintos de gravidade e Laon miroume con superioridade, eu que podería ser o seu avó, eu que non sou máis baixo do que el, el que vai morrer ás miñas mans, eu que sou un goliardo, el que non o é e que aínda así se atreveu a deitarme unha man no ombro para falarme a berros entre o ensurdecedor zoar do ar.
—Saltaches algunha vez con cinto gravitatorio, rapaz?
Centos de veces en Australia, na Guerra do Urco.
—Coñezo a teoría.
—Cando estaba no exército —fachendeou el a rir entre os seus gritos—, volvíamos tolos os chineses cando saltábamos contra eles.
—Chineses? —preguntei estrañado aínda que a el lle era moito máis difícil ouvirme—. Como que chineses?
—E que máis dá? —dixo el encollendo os ombros—. Chineses, xaponeses… Amarelos de merda! Chineses!
Soaron as alarmas nos nosos cintos e preparámonos para sentir a forza que turrou de nós ao baleiro, saltamos sincronizados e voamos xuntos a poucos metros un do outro, cos pés por diante entre os que vexo as luces do palacio contra o que caemos como dous corvos de morte, entre a chuvia que comeza a caer e que esvara polo lene campo de forza que nos cobre, miro as cristaleiras contra as que imos chocar, baixo as que está o traidor que desligou os sistemas de seguridade e derivou os datos recebidos dos satélites que están sobre nós, oio o arrousar da roda e o acachoar da choiva que encirra contra min sen mollarme, oio Laon que vai cara a súa morte e me dá o sinal dos dez segundos que como xefe da razzia el ten dereito a estabelecer, chocan os nosos pés contra o cristal cando chegan os cinco e entramos no vasto interior luminoso, esaxeradamente cheo de arte como vai estar de morte, desligo o cinto e caio como unha pedra contra o chan no que bato ao mesmo tempo que as primeiras gotas de chuvia, chega aos meus ouvidos as maldizóns de Laon que tarda en chegar o tempo que tardo en matar os dous primeiros, parapétome tras dunha columna e el tras outra, berra e maldí o día que me coñeceu mentres comezan a rodearnos os dos corpos de seguridade fortemente armados, igual ca nós, Laon conecta os ciberimplantes ilegais dos seus ollos e arredor del choven as balas que é capaz de esquivar igual que a coiraza e o lene campo de forza as repelen, eu desligo o meu e oio os tronos da morte, a sinfonía de destruzón que aínda espera polo figura, fecho os ollos e quedo choído dentro de min, apenas eu podo oír o brado que esperta a besta que mora dentro de min, pois se o brado saíse do cerco dos meus dentes agretaría os mármores, escacharía as vidreiras e os seus anacos caerían sobre aqueles que Laon mata coa forza da súa furia, coa insanía do seu espírito que non consegue espertar a besta que eu consigo espertar, acorda e chamo por ela cando abro os ollos e vexo a brétema de sangue que os cobre, o sangre que latexa o meu corazón enlouquecido polo brado que bradei para chamar a besta que me fai saír do meu acocho, directamente contra eles sen importar os disparos que non me alcanzan, fortes son os tronos mais eu só oio o arrousar da roda que xira e bombea o sangue que choran as clásicas estatuas, ollos que na súa sanguínea cegueira son como os meus cubertos pola brétema vermella, e das barrocas esqueiras chega a fervenza de sangue que cobre o piso de mármore no que caen eles todos, cantos se poñen diante nosa, eu protexido polo arrousar da roda, Laon pola mestría dos seus movementos e pola conciencia de perigo que sente por terme ao seu carón, sen facer caso das maldizóns contra min, eu que ando sobre os sangues que non paran de subir, cubertas de sangue as estatuas por inexplicabeis feridas, mana sangue das paredes e pinga das lámpadas que iluminan a carnizaría que estamos a cometer, soa fora o trono da tormenta e vexo a luz sanguínea através da brétema dos meus ollos que me amosan os mortos contra os que disparo, protexidos por coirazas que de nada serven fronte as nosas armas de tecnoloxía imposíbel que matan co trono ao ritmo do arrousar da roda, eu sou da roda na lama a súa fonda pegada, vinde todos a min, lentos como as nubes que no ceu non deixan de pasar, disparo contra eles coa precisón infame da superioridade, caen diante miña, apunto directamente onde sei que teñen as súas feridas que estouran nun estoupido de sangue, estouran os seus corpos nun surtidor de sangue que vai parar ao piso no que se unen co sangue que choran as estatuas, que mana das paredes e pinga do teito, chega pola esqueira e fai un ruído semellante ao da roda que arrousa dentro de min e segue a arrousar cando o sangue acada o punto máximo e non hai máis, por todos os cuartos levamos a nosa sede de sangue cada un polo seu lado, sepárome del e xa non teño por que disimular a besta que deixo saír, mátoos todos na vertixe do xirar da roda que me recorda que cento por un, cento por un e de cada un deses cen fai outro cento, pois ningún naceu para non morrer, morren aos meus disparos, á forza dos meus puños que lles fenden a carne e quebran os seus osos, esmagados baixo a inexorábel roda, arrolados por ela igual que ela me arrola co seu arrousar que non ha parar, nen sequer cando se detén o cuspir do sangue e xa non encontro máis a quen matar baixo o ímpeto inexorábel da roda, marcha a brétema dos meus ollos, conecto no meu pulso o detector de movimento mais só podo ver o sinal de Laon que se achega a min igual que eu vou cara el, ao salón no que nos encontramos, cuberto de sangue e dos corpos mutilados dos que se atreveron a enfrontarse a nós, a min e a Laon que espera por min con mirada de aluado, a carón dun homiño tamén armado e asustado.
—Quen carallo cres que es, monte de merda?! —Achegueime a eles polo corredor, sen presa nengunha, a aturar os berros do que vai morrer, a arma na miña man, fico diante deles baixo a choiva que entra polas vidreiras rotas, á luz azul das poucas lámpadas que hai sen romper—. Vanche dar a ti cando o conte! Non vas durar unha merda! Puideron nos matar, mona! Isto non é un xogo! Aquí a xente non vai por libre!
Suando e enchoupado pola chuvia permaneceu até que quedei diante del, armados os dous, o homiño a tremer entre os dous e preguntándose como o outro quen é este que está diante de nós e que matou tanto que case non deixou nada para o outro demasiado ocupado en salvar a súa propia vida, quen carallo é este que mira para min sen mover unha cella, o que matou tanto como ninguén é capaz de matar, sen atreverse a pensar no que non quer pensar, é un home de Harris, é o Diaño encarnado, eu sou da roda na lama a súa fonda pegada, eu sou quen ouve o arrousar da roda, eu que vou te matar, a ti que me miras e segues sen me ver.
—Non tes nada a dicer, Sævin?
—Pois non. Aquí estou… a aprender do mestre.
Laon prefere non responder e mira para o homiño que prefere non falar e fica de pé diante dos dous.
—Canto tempo nos queda?
—A policía quedou en que viña en quince minutos despois de lles dar o sinal —respondeu o traidor.
—Pois a que esperas? Aquí xa non temos máis nada a facer se están todos mortos.
—Están? —preguntei eu.
—Abofé que si —dixo Laon sen se atrever aínda a mirar directamente para mim—. Aquí o amigo meteulles máis tiros que a un can coa rabia. Rapaz, vas ser moi rico, iso seguro. —O homiño ollou un momento para min, e logo arriba da esqueira, logo novamente a Laon que sen dubidar un momento dunha patada o desarmou, e logo púxolle o canón directamente na vidalla—. Hai algo que nós non saibamos e ti si, meu pequerrechiño?
O homiño suaba sen atreverse a mover nen os ollos, e volveu mirarme, a min que non deixaba de oír o arrousar, de ver o sangue que en fervenza caía polo chanzos da esqueira á que miraba o homiño antes de contestar con voz afogada.
—Arriba.
—Arriba que, meu?
—Os nenos.
—Os nenos?
—Os netos do grande xefe. Polos vistos andan de visita aquí.
—Hostis! Pois moi agradecidos por reservar o mellor para os profesionais, home… Moi agradecidos! —berrou Laon. Deulle un golpe coa súa arma e deixouno inconsciente no chan—. Agora serás rico, meu, mais a dor de cabeza non cha quita ninguén. Sævin…
—Si?
—Procede.
—A que?
—Acaba o traballo.
—Por que eu?
—Porque o digo eu.
Porque non sabes quen sou e queres sabelo, non sabes como fun quen de matalos todos, de aniquilalos todos mentres ti estabas a agocharte crendo que ía rematar a túa vidiña, non sabes que non teño máis que apuntar onde xa sei que está a ferida que xa lles causei, apuntar onde xa sei que ha finalizar a súa existencia, non fago senón seguir a harmonía do arrousar da roda, subo as esqueiras que é o son dunha fervenza de sangue que volve correr abondoso como se tentase me parar, a min que nen sequer mollo os pés dentro das botas, inmune ao sangue dos meus inimigos que clama pola inxustiza que vai se cometer agora que volvo chegar ao corredor barroco de abóveda de canón, medio canón mentres que eu teño un na miña man, detéñome e vexo o leito do sangue que vai fluír en fervenza pola esqueira que subín, portas a esquerda e dereita e entre elas belos búcaros decorativos, estatuas de branco mármore cubertas de vermello sangue que sae dos seus ollos que apartan a mirada para me non ver, a min que avanzo polo corredor, ábrense ás miñas costas as portas e envórcase o sangue do que as habitacións estaban cheas, camiño da fervenza igual que eu do meu destino, e vexo os cadáveres dos que hai un anaco matei, as súas coirazas fendidas, as súas vidas acabadas, érguense os corpos e míranme os seus ollos sen vida, fan un corredor triunfal ao campión que sou eu, míranme coas súas miradas que non ven e con as súas mans intentan me deter sen conseguilo, intentan falar mais case non oio os salaios e ouveos de mortos en descomposizón, falando entre eles baixo a terra, cinzas ao vento, nos murmurios que comentan que non me puideron deter, antes que os matei e agora que vou matar os que eles querían protexer, miro arriba e vexo a abóveda corrida do corredor na que frescos gloriosos cantan a miña kaänder fåder, en honor de Lotario e en honor de aqueles que comigo a comezaron, frescos de exipcíaco hieratismo que nos mostran a eles e a min, a nosa saída do Urco, a nosa loita cos mortais aos que demos boas e más mortes, de perfil apuntando con as nosas armas, a miña fuxida desesperada, a morte de Golias que me dixo quen eu era para que por fin se fixese o que se debe facer, e vexo o fresco que acaba no momento no que agora estou, cando os mortos xa non me alcanzan cos seus brazos e teño que abrir a porta que sei que non ha envorcar o sangue que aínda non foi derramado, abro e nen sequer dou tempo á neneira a protestar e suplicar polas súas vidas, boureo nela con a forza dun puño e cando bate contra a parede e logo cae ao chan vexo que non era a súa intenzón suplicarme mas voarme a cabeza, o que son os prexuízos, e sen activar o rastexador de calor nen o buscador de sons sei onde se esconden, no armario que abro para que entre a luz e poida ver os nenos, unha nena de sete ou oito anos que intenta calmar o seu irmanciño pequeno, sen atreverse case a respirar para que non os encontre o home mao, o home do saco que ten unha arma na man e que os mira sen paixón nen odio, sen dubidar pois hai unha máis alta meta, unha vinganza que debe ser feita e realizada a despeito dos ollos claros que me miran sen mirar o canon que a ameaza, os seus louros cabelos collidos no colo polo seu irmán que a abraza.
—Correde. Fuxide.
Non obedece senón cando abaixo a arma e a deixo inerte ao meu costado, e o bo home mao deixa camiño á nena que arrastra o irmán e o fai correr, collidos os dous da man para o corredor que no seu faio os mostra correr con bellos perfís entre as estatuas que non deixan de chorar e que parecen animalos a que corran máis rápido, vai detrás o home mao que os segue ás alancadas, os seus pasos amortecidos pola grosa alfombra que os leva á esqueira, collidos da man, só uns nenos que son irmáns fuxirían collidos da man, só un agardaría polo outro cando tropeza e volvería atrás para axudalo a levantarse, baixan as esqueiras seguidos polo home que os segue e que non atende ao outro que os ve anoxado, corren para a porta principal collidos da man a tempo de que a nena olle atrás para ver o outro home mao que apunta e fai fogo, cae o irmanciño e ela espera por el, só un neno espera por outro que está morto, e antes de caer de xeonllos fronte a el morre sen entender o que acontece, aínda collidos da man, e o primeiro home mao chega co outro que non baixa a arma, e que me apunta xusto no medio dos ollos.
—Ti estás imbécil ou que, Sævin? Díxenche ben claro que tiñas que matalos ti.
—Xa. Mais quedei sen balas. —Levanto a arma e en efecto ve o indicador que afirma que agora é un traste inútil e sen razón—. Ves?
—Vexo. E dime agora, Sævin —murmurou coma se non houbese maneira de non ouvilo—: que me impediría matarte agora?
Sen paixón, sen odio e sen fachenda deixo aflorar un breve sorriso nos meus labios que falan e preparan o que logo ocorre.
—Pois… se cadra é que eu teño unha arma na man… e ti non… —Espantado Laon ve que sou eu quen lle apunta no medio dos ollos, foi todo tan rápido que non se decatou, a man é máis rápida que os ollos, os meus cravados nos del que non para de ampear incapaz de dicer palabra, con o que eu salto a miña quenda de réplica e sigo o meu discurso repetido, non hai máis que apuntar a onde xa sei que está a ferida e non teño máis que seguir a harmonía do arrousar no guión que me guia—. Podería matarte agora, Laon… nada mo impediría… Mais non o hei facer: agora non.
E como non quería ouvir o que puidese querer dicirme non lle dei opzón a falar e batín co meu puño no centro do seu peito, mallei nel sen deixalo caer ao chan, a patadas e coteladas sen conseguir deixalo inconsciente e sen empregar sequer a man na que levo a súa arma, até deixalo tendido e case morto diante miña, arrastrándose entre a súa dor. Un bo soldado.
Camiñei lentamente até os corpos dos nenos mortos, os seus sangues a se espallar polo piso de duro e branco mármore, e con a punta do pé e procurando non mancharme dei a volta ao rapaz, que parecía durmido apracibelmente nun leito de sangue e morte, vixiado polos ollos abertos e claros da súa irmá, levanteina e non pesaba máis do que un paxariño, mirei profunda e longamente nos seus ollos que non me vían, igual que na realidade aquí fora ninguén me ve, e pensei que ningún nace para non morrer, tarde de máis ou cedo de máis todos han parar baixo a roda e non serán máis que no sulco da lama unha fonda pegada, e mentres achegaba unha man aos ollos para fechalos a da nena detívome, e ela sostivo a miña mirada, mirei a mirada e vin os seus labios que me preguntaban:
—Que é o que viches nos meus ollos, Sævin? Que hai na miña mirada?
Fechei os ollos e deixeina no piso, deixeina durmir xunto o seu irmán o soño sen soños do definitivo soño, nun leito de sangue e morte que a todos arrola, a min tamén que teño que admitir que non vin nada, nada vin nos ollos aos que miraba e nos que se reflectía aquel que a eles miraba, pois eu só oio o arrousar da roda, eu apenas sinto o arrousar da roda.
Non podo deixar de ouvilo pois eu sou o eixo no que arrousa a roda.
Cadora [continuamente, sen descanso] oio o arrousar da roda.
Volvín os meus pasos e cheguei a Laon que intentaba achegarse até a arma do traidor. Un bo soldado. Deu a volta como puido e entre os seus ollos inchados conseguiu verme diante del, ríxido como un poste, sen paixón nen odio na miña voz nen na miña mirada que nos ollos dunha nena recén asasinada non conseguiu ver nada.
—Rectificar é de sabios, Laon, e non nos debe doer admitir os nosos fallos e voltar ao bo camiño.
—Que?
—Déixao. Xa non importa.
Ka-chón! Ka-chón! Ka-chón!
Ka-chón! Ka-chón! Ka-chón! Ka-chón!
Ka-chón! Ka-chón! Ka-chón! Ka-chón! Ka-chón!
Eu sou quen cadora ouve o arrousar da roda, o eixo no que arrousa a roda ao deixar na lama o sulco da súa fonda pegada.
Non deixo de oílo nen cando libero o trono e fago aínda máis fonda esa pegada.
Kaänder Fåder opk Lothaär ex caënoru VI Finis Terrae consociiSextius Conspikuuzopto Kunta in pectoreopto Pattiottioquevåtz Sævin pro prakor CCXXIX Antipodiaksl facen scroapeut Ibn’ Sadur.
* Y entonces levanté la vista y lo vi, a él, Laon, a quien iba a matar, si no era en ese momento después, si no hoy mañana, si ahora pues ahora, pues sin duda él quería matarme a mí, que iba a matarlo a él, sentado en el asiento del helicóptero chulo como él sólo, un pié en el suelo y el otro en el asiento, una muñeca en la rodilla, admirándose de sus largas piernas, de la imagen de caulquiera que pudiese verlo así rubio y resplandeciente, un ángel de la muerte, el o asesino máximo, en la cumbre de su poder en la banda, respetado por todos e a las órdenes directas de nuestro gran jefe.
—¿En qué piensas, Sævin?
Fue entonces cuando levanté la vista y lo vi, y vi sus heridas, lo vi muerto a mis pies víctima de mi ira, de mi furia irrefrenable, arrullado por el rechinar de la rueda que gira y habla, me lo muestra en las penumbras de este cubículo en el que no oímos nada, desde donde no nos poden oír ahora que vamos camino de la muerte, de los otros, del que sonríe, a mí que levanté la vista para mirarlo, mis codos sobre las rodillas, y lo vi con mi visión de goliardo, la que da el libro que en su giro no deja de rechinar igual que giran las hélices que nos acercan a la muerte.
—Meditatio mortis.
—¿Te crees muy listo o qué? —No tengo por qué responder, no vale la pena hablar con los muertos que non volverán igual que la rueda pasa chirriando por el lugar por el que ya pasó, no tiene sentido decirlle que yo soy el que oye el chirriar de la rueda—. Conmigo no te andes con coñas, chaval. Venga, que ya estamos llegando. Tú no te separes de mí, y aprende del maestro.
Lo que no me mata me hace más fuerte, y lo que me mata… también. Sonrío y sé que él no es capaz de ver mi sonrisa porque la escuridad se lo impide, apenas puede ver la luz que se enciende para avisarnos de que debemos empezar nuestra labor, de que Laon debe morir, él que no se estremece cuando se abren las puertas y nos asomamos a la noche oscura, baja la velocidad del vehículo y ya no es tan penoso respirar, activamos nuestros cinturones de gravedad y Laon me miró con superioridad, yo que podría ser su abuelo, yo que no soy más bajo que él, él que va a morir a mis manos, yo que soy un goliardo, él que no lo es y que incluso así se atrevió a ponerme una mano en el hombro para hablarme a gritos entre el ensordecedor zumbar del aire.
—¿Has saltado alguna vez con cinturón gravitatorio, chaval?
Cientos de veces en Australia, en la Guerra del Orco.
—Conozco la teoría.
—Cuando estaba en el ejército —presumió él riendo entre sus gritos—, volvíamos locos a los chinos cuando saltábamos contra ellos.
—¿Chinos? —pregunté extrañado aunque a él le era mucho más difícil oírme—. ¿Cómo que chinos?
—¿Y qué más da? —dijo él encogiéndose de hombros—. Chinos, japoneses… ¡Amarillos de mierda! ¡Chinos!
Sonaron las alarmas en nuestros cinturones y nos preparamos para sentir la fuerza que tiró de nosotros al vacío, saltamos sincronizados y volamos juntos a poucos metros uno del otro, con los pies por delante entre los que veo las luces del palacio contra el que caemos como dos cuervos de muerte, entre la lluvia que empieza a caer y que resbala por el ligero campo de fuerza que nos cubre, miro las cristaleras contra las que vamos a chocar, bajo las que está el traidor que desconectó los sistemas de seguridad y derivó los datos recibidos de los satélites que están sobre nosotros, oigo el chirriar de la rueda y el golpear de la lluvia que arrecia contra mí sin mojarme, oigo a Laon que va hacia su muerte y me da la señal de los diez segundos que como jefe de la razzia él tiene derecho a establecer, chocan nuestros pies contra el cristal cuando llegan los cinco y entramos en el vasto interior luminoso, exageradamente lleno de arte como lo va a estar de muerte, desconecto el cinturón y caigo como una piedra contra el suelo contra el que impacto al mismo tiempo que las primeras gotas de lluvia, llega a mis oídos las maldiciones de Laon que tarda en llegar el tiempo que tardo en matar a los dos primeros, me parapeto detrás de una columna y él detrás de otra, grita y maldice el día que me conoció mientras empiezan a rodearnos los de los cuerpos de seguridad fuertemente armados, igual que nosotros, Laon conecta los ciberimplantes ilegales de sus ojos y alrededor de él llueven las balas que es capaz de esquivar igual que la coraza y el ligero campo de fuerza las repelen, desconecto el mío y oigo los truenos de la muerte, la sinfonía de destrucción que todavía espera por el figura, cierro los ojos e me quedo enclaustrado dentro de mí, sólo yo puedo oír el bramido que despierta a la bestia que mora dentro de mí, pues si el bramido saliese del cerco de mis dientes agrietaría los mármores, quebraría las vidrieras y sus trozos caerían sobre aquéllos a los que Laon mata con la fuerza de su furia, con la insanía de su espíritu que no consigue despertar a la bestia que yo consigo despertar, se sacude y la llamo cuando abro los ojos y veo la niebla de sangre que los cobre, la sangre que late mi corazón enloquecido por el bramido que bramé para llamar a la bestia que me hace salir de mi refugio, directamente contra ellos sin importar los disparos que no me alcanzan, fuertes son los truenos pero yo sólo oigo el chirriar de la rueda que gira e bombea la sangre que lloran las clásicas estatuas, ojos que en su sanguínea ceguera son como los míos cubiertos por la niebla roja, y de las barrocas escaleras llega la cascada de sangre que cubre el suelo de mármol sobre el que caen todos ellos, cuantos se ponen delante de nosotros, yo protegido por el chirriar de la rueda, Laon pola maestría de sus movimientos y por la conciencia de peligro que siente por tenerme a su lado, sin hacer caso de las maldiciones contra mí, yo que ando sobre las sangres que non dejan de subir, cubiertas de sangre las estatuas por inexplicables heridas, mana sangre de las paredes y gotea de las lámparas que iluminan la carnicería que estamos cometindo, suena fuera el trueno de la tormenta y veo la luz sanguínea a través de la niebla de mis ojos que me muestran los muertos contra los que disparo, protegidos por corazas que de nada sirven frente a nuestras armas de tecnología imposible que matan con el trueno al ritmo del chirriar de la rueda, yo soy la profunda huella que en el barro deja la rueda, venid todos a mí, lentos como las nubes que en el cielo no deijn de pasar, disparo contra ellos con la precisión infame de la superioridad, caen delante de mí, apunto directamente a donde sé que tienen sus heridas que rebientan en un eatallido de sangre, estallan sus cuerpos en un surtidor de sangre que va a parar al suelo en el que se unen con la sangre que lloran las estatuas, que mana de las paredes y gotea del techo, llega por la escalera y hace un ruido semejante al de la rueda que chirría dentro de mí y segue chirriando cuando la sangre alcanza el punto máximo y no hay más, por todas las habitaciones llevamos nuestra sed de sangre cada uno por su lado, me separo de él y ya no teño por qué disimular a la bestia que dejo salir, los mato a todos en la vorágine del girar de la rueda que me recuerda que ciento por uno, ciento por uno y de cada uno dr esos cien haz otro ciento, pues ninguno nació para no morir, mueren a mis disparos, a la fuerza de mis puños que les hienden la carne e quiebran sus huesos, aplastados bajo la inexorable rueda, arrollados por ella igual que ella me arrulla con su chirriar que no se detendrá, ni siquiera cuando se detiene el fluir de la sangre y ya no encuentro a nadie más a quien matar bajo el ímpetu ineludible de la rueda, se va la niebla de mis ojos, conecto en mi muñeca el detector de movimiento pero sólo puedo ver la señal de Laon que se acerca a mí igual que yo voy hacia él, al salón en el que nos encontramos, cubierto de sangre y de los cuerpos mutilados de los que se atrevieron a enfrentarse a nosotros, a mí y a Laon que me espera a mí con mirada de alunado, al lado de un hombrecillo también armado, y completamente asustado.
—¿Quién cojones te crees que eres, pila de mierda?! —Me acerqué a ellos por el pasillo, sin prisa alguna, soportando los gritos del que va a morir, el arma en mi mano, permanezco delante de ellos bajo la lluvia que entra por las vidrieras rotas, a la luz azul de las pocas lámparas que hay sin romper—. ¡Te van a dar a ti cuando lo cuente! ¡No vas a durar una mierda! ¡Pudieron matarnos, mamón! ¡Esto no es un juego! ¡Aquí la gente no va por libre!
Sudando y empapado por la lluvia estuvo hasta que quedé delante de él, armados los dos, el hombrecillo temblando entre los dos y preguntándose como el otro quién es éste que está delante de nosotros y que mató tanto que casi no deijó nada para el otro, demasiado ocupado en salvar sua propia vida, quién demonios es éste que me mira sin mover una ceja, el que mató tanto como nadie es capaz de matar, sin atreverse a pensar en lo que non quiere pensar, es un hombre de Harris, es el Diablo encarnado, yo soy la profunda huella que en el barro deja la rueda, yo soy el que oye el chirriar de la rueda, yo que te voy a matar, a ti que me miras y sigues sin verme.
—¿No tienes nada que decir, Sævin?
—Pues no. Aquí estoy… aprendiendo del maestro.
Laon prefere non responder e mira para o homiño que prefere non falar e fica de pé diante dos dous.
—Canto tempo nos queda?
—A policía quedou en que viña en quince minutos despois de lles dar o sinal —respondeu o traidor.
—Pois a que esperas? Aquí xa non temos máis nada a facer se están todos mortos.
—Están? —preguntei eu.
—Abofé que si —dixo Laon sen se atrever aínda a mirar directamente para mim—. Aquí o amigo meteulles máis tiros que a un can coa rabia. Rapaz, vas ser moi rico, iso seguro. —O homiño ollou un momento para min, e logo arriba da esqueira, logo novamente a Laon que sen dubidar un momento dunha patada o desarmou, e logo púxolle o canón directamente na vidalla—. Hai algo que nós non saibamos e ti si, meu pequerrechiño?
O homiño suaba sen atreverse a mover nen os ollos, e volveu mirarme, a min que non deixaba de oír o arrousar, de ver o sangue que en fervenza caía polo chanzos da esqueira á que miraba o homiño antes de contestar con voz afogada.
—Arriba.
—Arriba que, meu?
—Os nenos.
—Os nenos?
—Os netos do grande xefe. Polos vistos andan de visita aquí.
—Hostis! Pois moi agradecidos por reservar o mellor para os profesionais, home… Moi agradecidos! —berrou Laon. Deulle un golpe coa súa arma e deixouno inconsciente no chan—. Agora serás rico, meu, mais a dor de cabeza non cha quita ninguén. Sævin…
—Si?
—Procede.
—A que?
—Acaba o traballo.
—Por que eu?
—Porque o digo eu.
Porque non sabes quen sou e queres sabelo, non sabes como fun quen de matalos todos, de aniquilalos todos mentres ti estabas a agocharte crendo que ía rematar a túa vidiña, non sabes que non teño máis que apuntar onde xa sei que está a ferida que xa lles causei, apuntar onde xa sei que ha finalizar a súa existencia, non fago senón seguir a harmonía do arrousar da roda, subo as esqueiras que é o son dunha fervenza de sangue que volve correr abondoso como se tentase me parar, a min que nen sequer mollo os pés dentro das botas, inmune ao sangue dos meus inimigos que clama pola inxustiza que vai se cometer agora que volvo chegar ao corredor barroco de abóveda de canón, medio canón mentres que eu teño un na miña man, detéñome e vexo o leito do sangue que vai fluír en fervenza pola esqueira que subín, portas a esquerda e dereita e entre elas belos búcaros decorativos, estatuas de branco mármore cubertas de vermello sangue que sae dos seus ollos que apartan a mirada para me non ver, a min que avanzo polo corredor, ábrense ás miñas costas as portas e envórcase o sangue do que as habitacións estaban cheas, camiño da fervenza igual que eu do meu destino, e vexo os cadáveres dos que hai un anaco matei, as súas coirazas fendidas, as súas vidas acabadas, érguense os corpos e míranme os seus ollos sen vida, fan un corredor triunfal ao campión que sou eu, míranme coas súas miradas que non ven e con as súas mans intentan me deter sen conseguilo, intentan falar mais case non oio os salaios e ouveos de mortos en descomposizón, falando entre eles baixo a terra, cinzas ao vento, nos murmurios que comentan que non me puideron deter, antes que os matei e agora que vou matar os que eles querían protexer, miro arriba e vexo a abóveda corrida do corredor na que frescos gloriosos cantan a miña kaänder fåder, en honor de Lotario e en honor de aqueles que comigo a comezaron, frescos de exipcíaco hieratismo que nos mostran a eles e a min, a nosa saída do Urco, a nosa loita cos mortais aos que demos boas e más mortes, de perfil apuntando con as nosas armas, a miña fuxida desesperada, a morte de Golias que me dixo quen eu era para que por fin se fixese o que se debe facer, e vexo o fresco que acaba no momento no que agora estou, cando os mortos xa non me alcanzan cos seus brazos e teño que abrir a porta que sei que non ha envorcar o sangue que aínda non foi derramado, abro e nen sequer dou tempo á neneira a protestar e suplicar polas súas vidas, boureo nela con a forza dun puño e cando bate contra a parede e logo cae ao chan vexo que non era a súa intenzón suplicarme mas voarme a cabeza, o que son os prexuízos, e sen activar o rastexador de calor nen o buscador de sons sei onde se esconden, no armario que abro para que entre a luz e poida ver os nenos, unha nena de sete ou oito anos que intenta calmar o seu irmanciño pequeno, sen atreverse case a respirar para que non os encontre o home mao, o home do saco que ten unha arma na man e que os mira sen paixón nen odio, sen dubidar pois hai unha máis alta meta, unha vinganza que debe ser feita e realizada a despeito dos ollos claros que me miran sen mirar o canon que a ameaza, os seus louros cabelos collidos no colo polo seu irmán que a abraza.
—Correde. Fuxide.
Non obedece senón cando abaixo a arma e a deixo inerte ao meu costado, e o bo home mao deixa camiño á nena que arrastra o irmán e o fai correr, collidos os dous da man para o corredor que no seu faio os mostra correr con bellos perfís entre as estatuas que non deixan de chorar e que parecen animalos a que corran máis rápido, vai detrás o home mao que os segue ás alancadas, os seus pasos amortecidos pola grosa alfombra que os leva á esqueira, collidos da man, só uns nenos que son irmáns fuxirían collidos da man, só un agardaría polo outro cando tropeza e volvería atrás para axudalo a levantarse, baixan as esqueiras seguidos polo home que os segue e que non atende ao outro que os ve anoxado, corren para a porta principal collidos da man a tempo de que a nena olle atrás para ver o outro home mao que apunta e fai fogo, cae o irmanciño e ela espera por el, só un neno espera por outro que está morto, e antes de caer de xeonllos fronte a el morre sen entender o que acontece, aínda collidos da man, e o primeiro home mao chega co outro que non baixa a arma, e que me apunta xusto no medio dos ollos.
—Ti estás imbécil ou que, Sævin? Díxenche ben claro que tiñas que matalos ti.
—Xa. Mais quedei sen balas. —Levanto a arma e en efecto ve o indicador que afirma que agora é un traste inútil e sen razón—. Ves?
—Vexo. E dime agora, Sævin —murmurou coma se non houbese maneira de non ouvilo—: que me impediría matarte agora?
Sen paixón, sen odio e sen fachenda deixo aflorar un breve sorriso nos meus labios que falan e preparan o que logo ocorre.
—Pois… se cadra é que eu teño unha arma na man… e ti non… —Espantado Laon ve que sou eu quen lle apunta no medio dos ollos, foi todo tan rápido que non se decatou, a man é máis rápida que os ollos, os meus cravados nos del que non para de ampear incapaz de dicer palabra, con o que eu salto a miña quenda de réplica e sigo o meu discurso repetido, non hai máis que apuntar a onde xa sei que está a ferida e non teño máis que seguir a harmonía do arrousar no guión que me guia—. Podería matarte agora, Laon… nada mo impediría… Mais non o hei facer: agora non.
E como non quería ouvir o que puidese querer dicirme non lle dei opzón a falar e batín co meu puño no centro do seu peito, mallei nel sen deixalo caer ao chan, a patadas e coteladas sen conseguir deixalo inconsciente e sen empregar sequer a man na que levo a súa arma, até deixalo tendido e case morto diante miña, arrastrándose entre a súa dor. Un bo soldado.
Camiñei lentamente até os corpos dos nenos mortos, os seus sangues a se espallar polo piso de duro e branco mármore, e con a punta do pé e procurando non mancharme dei a volta ao rapaz, que parecía durmido apracibelmente nun leito de sangue e morte, vixiado polos ollos abertos e claros da súa irmá, levanteina e non pesaba máis do que un paxariño, mirei profunda e longamente nos seus ollos que non me vían, igual que na realidade aquí fora ninguén me ve, e pensei que ningún nace para non morrer, tarde de máis ou cedo de máis todos han parar baixo a roda e non serán máis que no sulco da lama unha fonda pegada, e mentres achegaba unha man aos ollos para fechalos a da nena detívome, e ela sostivo a miña mirada, mirei a mirada e vin os seus labios que me preguntaban:
—Que é o que viches nos meus ollos, Sævin? Que hai na miña mirada?
Fechei os ollos e deixeina no piso, deixeina durmir xunto o seu irmán o soño sen soños do definitivo soño, nun leito de sangue e morte que a todos arrola, a min tamén que teño que admitir que non vin nada, nada vin nos ollos aos que miraba e nos que se reflectía aquel que a eles miraba, pois eu só oio o arrousar da roda, eu apenas sinto o arrousar da roda.
Non podo deixar de ouvilo pois eu sou o eixo no que arrousa a roda.
Sin cesar oigo el chirriar de la rueda.
Volvín os meus pasos e cheguei a Laon que intentaba achegarse até a arma do traidor. Un bo soldado. Deu a volta como puido e entre os seus ollos inchados conseguiu verme diante del, ríxido como un poste, sen paixón nen odio na miña voz nen na miña mirada que nos ollos dunha nena recén asasinada non conseguiu ver nada.
—Rectificar é de sabios, Laon, e non nos debe doer admitir os nosos fallos e voltar ao bo camiño.
—Que?
—Déixao. Xa non importa.
Ka-chón! Ka-chón! Ka-chón!
Ka-chón! Ka-chón! Ka-chón! Ka-chón!
Ka-chón! Ka-chón! Ka-chón! Ka-chón! Ka-chón!
Yo soy el que sin cesar oye el chirriar de la rueda, el eje en el que chirría la rueda al dejar en el barro el surco de su profunda huella.
No dejo de oírlo ni cuando libero el trueno y hago todavía más honda su pisada.
Kaänder Fåder opk Lothaär ex caënoru VI Finis Terrae consociiSextius Conspikuuzopto Kunta in pectoreopto Pattiottioquevåtz Sævin pro prakor CCXXIX Antipodiaksl facen scroapeut Ibn’ Sadur.
*
Como se puede comprobar fácilmente Saevin es un goliardo muy peligroso, se mueve entre las balas con facilidad insultante después de diez años de guerra sin parar, para él es como si todo sucediese a cámara lenta, y supera ampliamente a un peligroso asesino profesional que no tiene ni idea de con quién se está jugando la vida. La ambigüedad de Saevin también es de señalar: como todo goliardo, siente aversión ante la idea de matar a seres débiles, incluso cuando los atacan mujeres bien armadas les da mal yuyu combatir con ellas (con eso se podría sacar más de una situación cachonda), y desde luego consideran indigno matar a un niño. Saevin se niega a matarlos, pero me parece que queda claro que no hace mucho para evitar que su compañero complete la misión, y sólo entonces él toma su venganza tanto por el disgusto que siente por el asesino como por lo que ha ocurrido.
El resultado, hasta cierto punto, es satisfactorio, pero sólo relativamente. ¿Se podría mantener semejante intensidad y lío lingüístico y conceptual en una obra que, me sospecho, será un tanto voluminosa?